Actualidade Apple e Epic Games comezan unha guerra comercial por mor de Fortnite

Apple e Epic Games comezan unha guerra comercial por mor de Fortnite

Estamos preto dunha guerra comercial que ben pagará a pena seguir. Apple e Epic Games comezaron unha serie de disputas e acusacións a raíz do videoxogo de máis éxito da compañía, Fortnite.

A empresa da mazá eliminou o título battle royale da App Store despois de que Epic implementase un sistema de pago directo dentro do xogo. Este movemento impide que Apple leve o 30 % dos ingresos que impón como taxa para comprar a través da súa tenda dixital.

Tal e como recolle a normativa da App Store —punto 3.1.1— «se queres desbloquear funcións ou funcionalidades dentro da túa app debes usar as compras in-app. As apps non poderán usar os seus propios mecanismos para desbloquear contidos ou funcionalidades e non usarán botóns, ligazóns externas e outras chamadas á acción que dirixan os consumidores a mecanismos de compras que non sexan as compras in- app».

A resposta da compañía californiana foi contundente a través dun comunicado: «Epic activou unha función na súa app que non foi retirada ou aprobada por Apple, e fíxoo coa intención expresa de violar as regras da App Store».

Finaliza dicindo que «o feito de que os intereses económicos de Epic lévenlles agora a tentar conseguir un acordo especial non cambia o feito de que esas normas crear unha contorna equitativa para todos os desenvolvedores e fan que a tenda sexa segura para todos os xogadores».

Epic quere acción

Epic Games non dubidou en amosar as súas cartas dun xeito totalmente inesperado. A empresa tentou implicar á súa audiencia nesta disputa e para iso lanzou dentro de Fortnite un curto inspirado no anuncio de Apple que referenciaba a 1984, a popular novela de George Orwell. Aquí tedes o resultado:

Finalmente, Epic demandou a Apple nos xulgados de California, trasladando a batalla ao terreo xurídico. Tim Sweeney, máximo responsable da compañía, argumentou que Apple realiza prácticas anticompetitivas coas que «controlar os mercados, bloquear a competición e afogar a innovación».

«A taxa do 30% supón un movemento que contribúe a crear un ecosistema de monopolio», continuou expoñendo Sweeney. Esta acción legal chega nun momento delicado para Apple, xa que se atopa investigada tanto en Estados Unidos como en Europa por posibles prácticas anticompetitivas.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.