Actualidade Arise: A Simple Story fixa a súa estrea en PC, PS4 e Xbox One

Arise: A Simple Story fixa a súa estrea en PC, PS4 e Xbox One

Techland fixo pública a data de lanzamento de Arise: A Simple Story. Obra do estudio barcelonés Piccolo, deuse a coñecer durante o último State of Play, gozando do interese internacional.

Trátase dunha aventura que comeza coa morte do seu protagonista, para logo percorrer ese máis alá no que revivirá os momentos máis importantes da súa vida.

Arise: A Simple Story chegará ás tendas o 3 de decembro deste ano para PC —Epic Games Store—, PS4 e Xbox One.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.