Actualidade Así é o DualSense, o novo mando de PlayStation 5

Así é o DualSense, o novo mando de PlayStation 5

Aos poucos e con pequenas pinceladas, pero semella que Sony comeza a dar os primeiros pasos para mostrar a súa nova consola. Malia que non tivemos a oportunidade de coñecer o aspecto de PlayStation 5, si que puidemos dar unha primeira ollada ao dispositivo co que manexaremos os xogos nesta nova consola: o DualSense.

Retroalimentación háptica, que permitirá aumentar a inmersión a través da vibración e botóns L2 e R2 máis sensíbeis ás nosas accións, é unha das grandes novidades deste novo mando. Alén disto, tamén mudou a posición da barra de luces, que agora se atopa nos lados do panel táctil. Tamén se reduciu o peso total respecto do DualShock 4.

O anuncio oficial do novo controlador pode ser consultado nesta ligazón.

 

 

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.