Actualidade Lords of Exile, a obra cordobesa con sabor clásico que busca financiamento en Kickstarter

Lords of Exile, a obra cordobesa con sabor clásico que busca financiamento en Kickstarter

Lords of Exile é o novo título no que se atopa traballando Squidbit Works, un estudio composto unicamente por unha persoa e cuxas raíces se atopan na cidade de Córdoba. Con máis de dous anos de desenvolvemento en solitario, o seu responsable CZAzuaga decidiu lanzar a súa campaña de financiamento en Kickstarter para poder publicar definitivamente o seu proxecto.

O traballo amosado até o de agora resulta moi prometedor. Cunha estética de 8 bits e tomando como referencia unha saga tan lendaria como Castlevania, neste plataformas de acción 2D apóstase por niveis lineais e independentes, onde agarda un xefe ao final de cada un deles. Controlando a sir Gabriel teremos tres poderes producidos por unha maldición, e que darán acceso a distintos tipos de armas corpo a corpo e de distancia, así como ataques en caída ou fintas. Todo iso aderezado coas físicas dos xogos de 16 bits, proporcionando un maior dinamismo ao combate.

Cun lanzamento previsto para marzo de 2021 en Steam e Nintendo Switch, existen plans para lanzar unha versión de Lords of Exile para PS4 e Xbox One no futuro.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.