Actualidade Baldur’s Gate 3 adía a chegada da súa fase de acceso anticipado a PC e Stadia

Baldur’s Gate 3 adía a chegada da súa fase de acceso anticipado a PC e Stadia

Unha dos grandes títulos que esperan o seu lanzamento neste 2020 é Baldu’s Gate 3. A obra de Larian Studios chegará en fase de acceso anticipado, pero un pouco máis tarde do que estaba previsto, xa que se anunciou que finalmente se publicará o 6 de outubro.

PC e Stadia serán as plataformas que poderán gozar do novo RPG dos creadores de Divinity, o cal xa debía chegar o pasado mes de agosto pero que se atrasou até o 30 de setembro. Os motivos deste atraso débense a que os desenvolvedores queren seguir traballando en crear unha boa estabilidade para o xogo, ademais de proporcionar a localización do primeiro acto para cada idioma.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.