Actualidade Battlefield V leva a guerra ata a illa de Creta

Battlefield V leva a guerra ata a illa de Creta

DICE fixo público e confirmado o novo mapa multijugador de Battlefield V. A guerra chega ata a illa grega de Creta dentro do terceiro capítulo Ventos de Guerra.

O escenario toma como base para a súa recreación a batalla de Creta, un enfrontamento enmarcado nas primeiras fases da Segunda Guerra Mundial, onde loitaron británicos e alemáns principalmente; favorable aos xermanos ao invadir a illa polo aire, lanzándose masivamente en paracaídas, e non por vía mariña.

Verá a luz este xoves 30 de maio e será gratuíto para todos os usuarios que teñan unha copia do xogo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.