Actualidade Battletoads volverá á acción este agosto en Xbox One e PC

Battletoads volverá á acción este agosto en Xbox One e PC

O regreso de Battletoads xa ten a súa data marcada no calendario. O vindeiro 20 de agosto poderemos gozar da nova aventura creada por Dlala Studio e Rare, presentada durante o E3 do 2018 e que supón o retorno da lendaria franquía máis de 20 anos despois.

Nesta ocasión atoparémonos cun beat’em-up que contará con cooperativo local de até 3 xogadores e cun apartado visual moi atractivo. O título é exclusivo de Microsoft, polo que chegará ao servizo de subscrición de Xbox Game Pass en PC e consolas, así como á Windows Store e Steam.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.