Blasphemous xa ten data de lanzamento: o 10 de setembro

Blasphemous xa ten data de lanzamento: o 10 de setembro

Blasphemous, o xogo creado polo estudio sevillano The Game Kitchen, anunciou este luns a súa data de lanzamento durante o Nintendo Indie World. A estética abraiante desta obra en 2D non pasou inadvertida nos círculos dos amantes dos títulos independentes, situándose como un deses videoxogos que prometen ser únicos.

Aínda que durante a retransmisión situouse a súa saída o 26 de setembro, a conta oficial do xogo explicou que será un pouco antes, o día 10 do mesmo mes.

Tamén estará dispoñible para Xbox One, PS4 e PC. Terá un prezo de 24.99 euros nas tendas dixitais.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.