Actualidade Cales son os xogos máis descargados para móbil e con maiores ingresos da década?

Cales son os xogos máis descargados para móbil e con maiores ingresos da década?

Un público inmenso e un mercado colosal. A industria do videoxogo móbil tamén ofrece algunhas cifras de interese nesta recta final de ano. A lista dos dez títulos máis descargados da década teñen un carácter primordial de etiqueta runner, ao conseguir estar entre os tres primeiros videoxogos Subway Surfers e Amorne Run 2. Ora ben, entre ambos os dous, o lendario Candy Crush Saga fai a súa aparición obrigada.

A listaxe, elaborada por App Annie, compañía de investigación de mercados para móbiles tamén revelou os nomes dos xogos que máis cartos xeraron ao longo destes anos para as súas empresas. Malia que haxa algunha coincidencia entre as listas, a verdade é que sorprende o seu paralelismo mínimo, com Clash of Clans, Monster Strike e Candy Crush Saga á cabeza.

A continuación, podes darlle unha ollada ás dúas listas:

Os xogos máis descargados da última década

  1. Subway Surfers
  2. Candy Crush Saga
  3. Temple Run 2
  4. My Talking Tom
  5. Clash of Clans
  6. Pou
  7. Hill Climb Racing
  8. Minion Rush
  9. Fruit Ninja
  10. 8 Ball Pool

Os xogos máis descargados da última década

  1. Clash of Clans
  2. Monster Strike
  3. Candy Crush Saga
  4. Puzzle & Dragons
  5. Fate/Grand Order
  6. Honour of Kings
  7. Fantasy Westward Journey
  8. Pokémon GO
  9. Game of War – Fire Age
  10. Clash Royale

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.