Actualidade Children of Morta recibe Setting Sun Inn, a súa segunda actualización repleta de contido

Children of Morta recibe Setting Sun Inn, a súa segunda actualización repleta de contido

Unha das grandes sorpresas do pasado ano foi Children of Morta, un action-RPG cunha boa carga narrativa e desenvolto por Dead Mage e 11 bit Studio. A través dunha familia de heroes puidemos gozar en febreiro do primeiro contido de balde para o xogo, Shrine of Challenge, mais agora chega unha nova actualización que inclúe novas posibilidades dentro do título.

Setting Sun Inn é o nome desta acctualización, que xa se atopa dispoñíbel. Entre as características máis destacadas atópase a inclusión do modo New Game+, que permite comezar unha nova partida pero conservando todo o progreso adquirido anteriormente, malia que para igualar as cousas os inimigos son moito máis duros.

«Tamén enriquecemos a historia do xogo con máis de 50 novas secuencias, eventos hogareños, e actividades. Cremos que estas pezas narrativas adicionais enriquecerán o teu vínculo coa familia Bergson e o marabilloso mundo de Rea», sinalaron os seus responsábeis desde o seu blogue en Steam.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.