Actualidade Control recibe esta semana o seu Modo Foto

Control recibe esta semana o seu Modo Foto

Este mércores, 16 de outubro, os xogadores de Control poderán por fin facer uso do seu Modo Foto. A actualización 1.04 inclúe o nomeado elemento artístico, cada vez máis habitual nas producións triplo A.

Trátase dun Modo Foto bastante completo, que permitirá mover ou modificar a cámara dun xeito sinxelo, facer desaparecer personaxes da escena, aplicar filtros de cor, etc. Era unha característica prometida após o lanzamento do xogo e Remedy quixo deixar resolta esta débeda.

Haberá máis contido para Control? Por suposto. Nun principio, Expedicións, un DLC gratuíto que engadirá novos retos e niveis para Jesse, chegará antes de que remate o ano.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.