Actualidade Crash Bandicoot Mobile publícase por sorpresa en dispositivos móbiles

Crash Bandicoot Mobile publícase por sorpresa en dispositivos móbiles

O éxito de vendas que supuxo o regreso de Crash Bandicoot coa revisión da triloxía orixinal de PS1 abriu os ollos de Activision para aproveitar esta oportunidade. Tal é así, que Crash Bandicoot Mobile, o título para dispositivos móbiles do simpático protagonista, vén de ser publicado de forma inesperada en diversos países para dispositivos Android.

Filtrado o pasado febreiro, todo parecía apuntar a que se trataría dun auto-runner ao estilo de Temple Run, filtracións que se acaban de confirmar coa súa chegada. As características do xogo non rematan aquí, xa que tamén contaremos con elementos de construción, que permitirán crear soros e armas para poder avanzar de xeito máis sinxelo.

Malia que finalmente estamos perante un título sen custo algún, o xogo non se libra dos tempos de espera para as funcións de construción aínda que sí evita, polo de agora, as microtransaccións. Dispoñíbel en rexións asiáticas, Activision non se pronunciou sobre cando chegará o xogo a outros territorios.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.