Actualidade Cyberpunk 2077 achega novos detalles sobre o seu complexo mundo

Cyberpunk 2077 achega novos detalles sobre o seu complexo mundo

CD Projekt RED realizou un novo Night City Wire sobre o seu vindeiro título, Cyberpunk 2077. Co lanzamento marcado para ese 19 de novembro que está cada vez máis preto, o estudio polaco amosou novos detalles sobre o seu mundo futurista.

Nesta ocasión centráronse nos posíbeis pasados que podemos escoller para o noso personaxe, xa sexa Nomad, Corpo ou Street Kid. Esta elección supoñerá importantes cambios durante a trama, xa que se xerarán diferentes opcións de diálogo en varios tramos da partida.

Tamén dedicouse atención ás armas, destacando a gran variedade de ferramentas de destrución que poderemos usar durante a partida, xa sexa con armas de fogo, katanas e outras armas brancas, así como o hackeo.

Neste vídeo podedes comprobar todas as novidades que foron amosadas durante o directo:

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.