Actualidade Cyberpunk 2077 vende antes do seu lanzamento 8 millóns de copias

Cyberpunk 2077 vende antes do seu lanzamento 8 millóns de copias

Que Cyberpunk 2077 sería un éxito era algo que pouco beneficio podía outorgar en caso de aposta, pero as cifras que manexa CD Projekt RED asustan. O día que no que o novo RPG do estudio polaco lograba ser o título de Steam co pico de xogadores simultáneos máis alto da historia —superando a titáns como CS:GO e Dota 2— con 1.003.264 xogadores conectados na madrugada do venres, tamén se ofrecía outro número brutal: 8 millóns de unidades reservadas. É dicir, 8 millóns de copias que, en teoría, xa estarían distribuídas antes sequera de ser lanzado o xogo como tal.

Segundo o coñecido analista Daniel Ahmad, estas vendas xa supoñerían uns 500 millóns de dólares en ingresos. Por realizar unha comparación, GTA V logrou alcanzar os 800 millóns sumando reservas e vendas durante o seu primeiro día. Outros datos interesantes que achegou a compañía veñen a través da distribución: o 74 % da distribución das reservas foron a través do formato dixital, sendo as copias físicas o 26 % restante. Un cambio de tendencia que confirma o crecemento imparable do mercado dixital.

Máis cifras? Uns 4,72 millóns de unidades foron vendidas como reservas para PC, polo que  Cyberpunk 2077 arrebátalle a World of Warcraft: Shadowlands o seu récord —logrado hai apenas uns días— como mellor estrea dun videoxogo en PC. A súa marca era de 3,7 millóns de vendas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.