Actualidade Darksiders Genesis déixase ver nun adianto de 16 minutos

Darksiders Genesis déixase ver nun adianto de 16 minutos

O 5 de decembro, nunhas dúas semanas, Darksiders Genesis pasará a estar dispoñíbel en PC, PlayStation 4, Xbox One, Nintendo Switch e Stadia. É o novo capítulo dunha franquía que foi apañando seareiros en todo o globo, pero que supón un cambio de rumbo no seu xogabilidade, ao apostar pola vista cenital como o seu trazo máis novo e rechamante.

O portal internacional IGN publicou en exclusiva o primeiros dezaseis minutos da súa campaña. Unha forma de coñecer que poderá atoparse o xogador dentro do título, ademais de coñecer parte da trama principal.

Contén algún spoiler este adianto? Podería considerarse que si, por mor de ser un gameplay que presenta o xogo na súa totalidade, sendo este a primeira toma de contacto para o comprador. É certo que case todo o material que amosa é xa bastante coñecido, sen unha información realmente nova, e permite coñecer bastante ben como xogaremos en Darksiders Genesis.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.