Actualidade Doom Eternal triunfa durante o seu lanzamento en Steam

Doom Eternal triunfa durante o seu lanzamento en Steam

Após un comezo de ano marcado polo atraso dos lanzamentos, este 20 de marzo houbo un título que non fallou á súa cita. Doom Eternal, a secuela do exitoso título de 2016, chegou ofrecendo unha tormenta perfecta que mestura adrenalina e acción por milleiros. Un cóctel que semalla está a gustar aos usuarios de Steam, xa que o título id Software rexistra máis do triplo de xogadores activos que o seu predecesor.

As impoñentes estatísticas non rematan aquí, xa que segundo Benji Sales, analista de datos, Doom Eternal trátase do lanzamento máis importante para Bethesda desde a saída de Fallout 4, no ano 2015. Wolfenstein II: The New Colossus, The Evil Within ou Dishonored 2 non conseguiron alcanzar os rexistros desta entrega infernal no seu lanzamento, con 105.000 xogadores activos. Onte mesmo plantouse nos 85.000 usuarios recorrentes, coándose entre os quince xogos máis xogados na plataforma de Valve.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.