Actualidade EA publica un novo gameplay da demo do E3 de Fallen Order

EA publica un novo gameplay da demo do E3 de Fallen Order

Electronic Arts fixo público o gameplay de Star Wars Jedi: Fallen Order que os medios acreditados puideron gozar no E3. Trátase dun extenso avance, de máis de 25 minutos de duración e amosa diversas mecánicas novas, como a condución de vehículos, que non se puideron apreciar no primeiro adianto publicado.

Stig Amussen, director do xogo, explicou nunha carta recente que haberá «un nivel considerable de desafío e de profundidade» no sistema de combate, e sinala que no novo adianto móstranse algúns elementos que poden lembran a xogos como «Metroid, Castlevania ou Souls».

Fallen Order chegará ás tendas o 15 de novembro para PC, PlayStation 4 e Xbox One.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.