Actualidade Electronic Arts non fará máis xogos da saga Project Cars

Electronic Arts non fará máis xogos da saga Project Cars

A saga Project Cars de Slightly Mad Studios está oficialmente cancelada. Así o confirmou Electronic Arts, a compañía di que os vindeiros desenvolvementos e investimentos serán suspendidos.

A nova foi recollida por GamesIndustry.biz e pon punto e final a unha franquía que fixo o seu debutou no ano 2015. Na práctica, Electronic Arts non foi dona da saga até hai pouco, no intre no que mercou Codemasters.

De tal xeito, o derradeiro xogo desta franquía chegou no 2020, con Project Cars 3. Segundo o declarado por EA, a decisión foi tomada logo de estudar e avaliar o potencial de novos títulos a medio e longo prazo.

«É difícil tomar este tipo de decisións, pero permítenos priorizar áreas que creemos que teñen as oportunidades máis fortes para crear experiencias que lles vaian a gustar aos fans», indican deste a compañía inglesa. Os 150 empregados que traballaban en Slighty Mad Studios serán recolocados noutras seccións e áreas de EA Sports.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.