Actualidade Epic Games Publishing, a nova editora dos títulos de Fumito Ueda, Playdead e Remedy

Epic Games Publishing, a nova editora dos títulos de Fumito Ueda, Playdead e Remedy

Epic Games vén de anunciar a súa alianza con diversos estudios cós que publicará os seus vindeiros proxectos. O acordo supón a creación de Epic Games Publishing, unha marca multiplataforma que permitirá editar os seus propios títulos e que financiará individualmente cada proxecto, respectando unha repartición de beneficios do 50/50.

Os primeiros estudios que pasan a formar parte deste acordo son gen DESIGN, pertencente a Fumito UedaPlaydead, responsábeis de INSIDE e LIMBO; e Remedy Entertainment, autores do recente Control. Tim Sweeney, director e fundador da compañía, asegura que «estamos a crear un modelo de distribución co que sempre soñamos para traballar coas editoras».

Aínda que se descoñecen os proxectos nos que se atopan traballando, Epic Games Publishing promete máis información nos próximos meses. Iso si, desde Remedy Entertainment confirmaron que preparan dous títulos para a nova xeración, sendo un deles un triplo A para todas as plataformas.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.