Epic Games Store incorpora as listas de desexos

Epic Games Store incorpora as listas de desexos

Mellor tarde que nunca. A lista de desexos era unha das opcións máis demandadas polos usuarios da Epic Games Store, polo que quizais a súa incorporación sexa motivo de felicidade —ou de comodidade— para máis dun. A plataforma de venda de videoxogos dixital xa permite seguir unha determinada obra para estar ao tanto das últimas novidades que ofreza.

Na actualidade, inclúense varios filtros para organizar a lista de desexos en base ao prezo, orde alfabética, mesmo ofertas, pero xa se están traballando noutras opcións que se irán implementándo aos poucos, segundo informan os responsables da tenda. «En futuras versións temos planeado engadir notificacións por correo electrónico cando os títulos da túa listaxe ofrezan descontos ou cambien de estado (por exemplo, un lanzamento ou dispoñibilidade para precompra)», comentan.

Esta nova función chega após o engadido dos cupóns de Epic Games Store ou a posibilidade de ver as críticas de OpenCritic namentres navegamos polo servizo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.