EVO 2019 :: Comeza o maior torneo de xogos de loita do mundo (horarios e canles)

EVO 2019 :: Comeza o maior torneo de xogos de loita do mundo (horarios e canles)

O campionato máis importante de xogos de loita, o EVO 2019, dará comezo nas Vegas este venres 2 de agosto coas primeiras pools —fase clasificatoria aos cuartos de final—. Na imaxe que acompaña o texto, podes coñecer todos os xogos participantes no evento, dentro dos cales destacan UNIST, co seu recente pico de popularidade, e a revisión do Samurai Shodown, que desbanca a KOF XIV como a representación de SNK no EVO.

Ademais destes xogos tamén paga a pena destacar os torneos paralelos realizados no AnimEVO, normalmente centrados en xogos de loita anime, retro ou xogos como Windjammers ou Catherine, que aínda que non son estritamente xogos de loita son ben acollidos pola comunidade. Entre os torneos do AnimEVO é posíbel destacar Sailor Moon S, un título moi desbalanceado onde a comunidade goza das tolemias que se poden chegar a realizar. Doutra banda, tamén se converteu no fogar do torneo de Smash Bros. Melee, agora que só Ultimate figura na lista de títulos do escenario principal.

Títulos presentes no EVO 2019.

Lista de horarios coa conversión a horario español (CEST), en sistema horario de 24 horas e clasificado por xogos —unha hora menos en Canarias—:

  • UNDER NIGHT IN-BIRTH Exe:Late[st]: Pools (desde o venres 2 ás 19:00 ata o sábado 3 ás 3:00), cuartos de final (desde o sábado 3 ás 3:00 ata as 5:00), semifinais (desde o sábado 3 ás 5:00 ata as 7:00) e Top 8/finais (desde o sábado 3 ás 19:00 ata as 21:00)
  • Super Smash Bros. Ultimate: Pools (desde o venres 2 ás 19:00 ata o Sábado 3 ás 5:00, despois dunha pausa proseguen desde o sábado ás 19:00 ata o domingo 4 ás 3:00), cuartos de final (desde o domingo 4 ás 3:00 ata as 5:00), semifinais (desde o domingo 4 ás 5:00 ata as 7:00) e Top8 / finais (desde o luns 5 ás 4:00 cun tempo indefinido ata a súa conclusión e peche do EVO)
  • Dragon Ball FighterZ: Pools (desde o venres 2 ás 19:00 ata o sábado 3 ás 5:00), cuartos de final (Desde o sábado 3 ás 5:00 ata as 7:00), semifinais (desde o sábado 3 ás 7:00 ata as 9:00), Top 8/finais (desde o sábado 3 ás 22:00 ata o domingo 4 á 1:00)
  • BlazBlue: Cross Tag Battle: Pools(desde o venres 2 ás 19:00 ata as 21:00, despois dunha pausa proseguen desde o sábado 3 ás 19:00 ata as 21:00), cuartos de final (desde o sábado 3 ás 21:00 ata o domingo 4 á 1:00), semifinais (desde o domingo 4 á 1:00 ata as 3:00), Top 8/finais (desde o domingo 4 ás 18:00 ata as 21:00)
  • Tekken 7Pools (desde o venres 2 ás 19:00 ata o sábado 3 ás 5:00, despois dunha pausa proseguen desde o sábado 3 ás 19:00 ata o domingo 4 á 1:00), cuartos de final (desde o domingo 4 á 1:00 ata as 3:00), semifinais (desde o domingo 4 ás 3:00 ata as 5:00), Top 8/finais (desde luns 5 ás 0:30 ata as 4:00)
  • Street Fighter V: Arcade Edition: Pools (desde o venres 2 ás 19:00 ata o sábado 3 ás 5:00, despois dunha pausa proseguen desde o sábado 3 ás 19:00 ata o domingo 4 ás 3:00), cuartos de final (desde o domingo 4 ás 3:00 ata as 5:00), semifinais (desde o domingo 4 ás 5:00 ata as 7:00) e Top8/finais (desde o domingo 4 ás 21:00 ata o luns 5 ás 0:30)
  • Soulcalibur VIPools (desde o venres 2 ás 19:00 ata o sábado 3 á 1:00), cuartos de final (desde o sábado 3 á 1:00 ata as 3:00), semifinais (desde o sábado 3 ás 3:00 ata as 5:00) e Top 8/finais (desde o sábado 3 ás 5:00 ata as 7:00)
  • Mortal Kombat 11Pools (desde o venres 2 ás 23:00 ata o sábado 3 ás 7:00, despois dunha pausa proseguen desde o sábado 3 ás 19:00 ata o domingo 4 á 1:00), cuartos de final (desde o domingo 4 á 1:00 ata as 3:00), semifinais (desde o domingo 4 ás 3:00 ata as 5:00) e Top 8/finais (desde o domingo 4 ás 5:00 ata as 7:00)
  • Samurai Shodown (2019)Pools (desde o venres 2 ás 19:00 ata o sábado 3 ás 5:00, despois dunha pausa proseguen desde o sábado 3 ás 19:00 ata as 21:00), cuartos de final (desde o sábado 3 ás 21:00 ata as 23:00), semifinais (desde o sábado 3 ás 23:00 ata o domingo 4 á 1:00), Top 8/finais (desde o domingo 4 á 1:00 ata as 5:00)

Os horarios e as retranmisións  de cada xogo aparecen a continuación con horario do Pacífico:

Lista de canles de retranmisión:

Dentro da participación española é preciso nomear a expedición que ten montada a comunidade de BCNFighters actualmente sufrindo os infortunios típicos das viaxes de longa distancia e que pronto coñecerá a invasión de saltóns que está actualmente nas Vegas. Javier “Sh4rin” Sanabria está a comentar por Twitter os sucesos e experiencias desta viaxe. Na súa maioría este grupo está centrado no Dragon Ball FighterZ, pero determinados membros están anotados tamén a outros torneos como o propio Sh4rin, que participará en Samurai Shodown (2019).

Proba, toca, pelexa!

Para todos os interesados nos xogos de loita ou aqueles que non poden aguantar coa gana de querer xogar aos títulos do EVO, antes, despois e mesmo durante os torneos, estades de sorte. Steam permite xogar a unha boa cantidade de xogos de xeito gratuíto ata a conclusión do torneo e no caso de que queirades compralos, todos están de oferta:

  • Lista de xogos gratis ata o 5 de agosto ás 19:00 —con excepción de Street Fighter V que está gratis ata o día 10—: Street Fighter V: Arcade Edition,  DRAGON BALL FighterZ,  UNDER NIGHT IN- BIRTH Exe:Latexa[ st] e BlazBlue: Cros Tag Battle.
  • Fóra da listaxe de xogos principais do EVO, pero que tamén poden ser probados: GUILTY GEAR, GUILTY GEAR Xrd -REVELATOR-, Melty Blood Actress Again Current Code,  Arcana Heart 3 LOVEMAX SIXSTARS!!!!!!, Koihime Enbu e Puyo Puyo Champions.

A nivel persoal, para xente que aínda se está introducindo nos xogos de loita, destacaría UNDER NIGHT IN-BIRTH Exe:Latexa[st], ao contar con probablemente o mellor titorial para novatos dentro do xénero. Con todo, advirtir que o xogo só está en inglés, xaponés, coreano e chinés.

Finalmente, lembrar que EVO adoita ser tamén o lugar onde as creadores e editoras aproveitan para realizar anuncios de novos xogos ou actualizacións e DLC dos xa existentes. Así, xa sabemos que Capcom presentará tres novos personaxes de Street Fighter V: Arcade Edition nas finais. Estes resultaron ser, segundo unha filtración en Steam, E. Fonda —completando o roster orixinal de SF2: The World Warrior—, Lucia —personaxe do Final Fight 3— e Poison —orixinalmente do Final Fight, pero que xa aparecera en SF3 como NPC acompañante de Hugo e como personaxe en Ultra Street Fighter 4 e Street Fighter × Tekken—.