Actualidade F.I.S.T.: Forged in Shadow Torch fixa a súa data de lanzamento en PS4 e PS5

F.I.S.T.: Forged in Shadow Torch fixa a súa data de lanzamento en PS4 e PS5

O último State of Play de Sony trouxo consigo un novo adianto de F.I. S. T.: Forged in Shadow Torch, un metroidvania de aspecto bastante interesante, mostrado anteriormente no evento PlayStation China Hero Project, haberá xa un par de anos. Por fin, temos data de lanzamento para esta obra. Chegará o 7 de setembro, en PS4 e PS5.

O título é un traballo de TI Games e emprega o motor gráfico Unreal Engine, lucindo bastante espectacular. Controlaremos a un coello antropomórfico, armado para a ocasión, co obxectivo de destruír todo aquilo que nos atopemos, sendo os robots invasores o seu principal inimigo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.