Actualidade Falece o creador de Coffee Talk, Mohammad Fahmi, aos 32 anos de idade

Falece o creador de Coffee Talk, Mohammad Fahmi, aos 32 anos de idade

Mohammad Fahmi, creador do xogo Coffe Talk, faleceu aos trinta e dous anos de idade. A confirmación da súa morte chega a través da súa conta de Twitter: «Hoxe recibimos a devastadora noticia de que Fahmi, o creador e guionista de Coffee Talk, faleceu. Descanse en paz, os nosos corazóns están coa súa familia e os seus seres queridos»

Publicado en 2020, Coffee Talk é unha visual novel ambientada nunha cafetería na que habitan criaturas fantásticas. Fahmi desenvolveu a idea para o xogo namentres traballaba como director de márketing e relacións públicas en Toge Productions. Logo do lanzamento abriu un estudio de se, Pikselnesi, no que publicou What Comes After. 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.