Actualidade Filtrado un breve fragmento de Godfall, primeiro título confirmado de PS5

Filtrado un breve fragmento de Godfall, primeiro título confirmado de PS5

Son apenas seis segundos, pero permiten obter unha idea de como será o único exclusivo de PlayStation 5 anunciado até o de agora. Godfall verá a luz coa chegada da nova máquina de Sony, pero aínda non se viron imaxes en acción do xogo, tan só unha cinemática durante os últimos Game Awards.

Na práctica, a obra de Counterplay Games anunciouse como un looter-hack & slash que fuxirá dos disparos e apostará polas espadas e as loitas corpo a corpo. O vídeo chegou a Reddit grazas ao usuario YeaQuarterDongIng que asegura ter un tráiler que pronto debería ver a luz. Se este foi capturado nunha PS5 ou nun PC é un misterio.

Porén, o usuario asegura que as imaxes amosadas datan de marzo do ano pasado, polo que é máis que posíbel que o título luza moitísimo mellor a día de hoxe. A continuación podes darlle unha ollada ao breve fragmento:

[GodFall] [Video] – Combat Footage (A Fraction of the footage from an Unreleased Trailer I have) from PS4

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.