Actualidade Fíltrase Crash Bandicoot 4: It’s About Time para PS4 e Xbox One

Fíltrase Crash Bandicoot 4: It’s About Time para PS4 e Xbox One

De seguro que Activision quería que o novo título de Crash Bandicoot fose presentado doutro xeito, así o indicaban os quebracabezas que mandaron á prensa cunha imaxe que lembraba á arte do marsupial. Pouco importa xa. Crash Bandicoot 4: It’s About Time foi filtrado por unha web taiwanesa de clasificación de xogos dixitais.

Foi Gematsu un dos primeiros medios en informar do asunto, sinalando que será Toys for Bob, o estudio encargado de Spyro Reignited Trilogy, o equipo responsábel detrás da súa creación. É de esperar que Activision confirme nas próximas horas, quizais días, esta información.

«Crash está a tomar un descanso explorando a súa illa no ano 98 cando atopa unha misteriosa máscara oculta nunha afastada cova, Lani-Loli», reza a descrición do xogo incluída na filtración. «A máscara é unha das Máscaras Cuánticas e parece coñecer a Aku-Aku, o amigo de Crash! Co regreso das Máscaras Cuánticas e a aparición dun Rift Cuántico preto dos nosos heroes, estes decidiron atravesar diferentes tempos e dimensións para deter ao resposábel».

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.