Actualidade Fortnite despídese da puntería asistida en mandos

Fortnite despídese da puntería asistida en mandos

Unha das grandes vantaxes de xogar a shooters en PC radica en poder utilizar o rato, xa que permite ter unha puntería máis certeira fronte ao jostyck clásico dos mandos de consolas, que non conta cunha precisión tan alta. Para tentar compensar esta desvantaxe durante as partidas con cross-play en Fortnite, Epic Games implementou a puntería asistida para os usuarios de mandos. Hoxe anunciouse que o vindeiro día 13 de marzo eliminarase esa axuda.

Por mor das queixas recibidas pola comunidade desde o comezo da Tempada 2 do Capítulo 2, a compañía tomou esta decisión e sinalou que «os xogadores que teñan habilitada a opción ‘Usar controis de vista de Legado’ cando sexa eliminada verán como os seus axustes de sensibilidade manteránse co novo sistema». Moitos profesionais de Fortnite pronunciáronse publicamente celebrando a decisión tras considerar que a axuda proporcionada aos xogadores con mandos é crucial nos enfrontamentos.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.