Actualidade Fortnite presenta tráiler de Tenet, o novo filme de Nolan

Fortnite presenta tráiler de Tenet, o novo filme de Nolan

De madrugada, ás 2 horas do venres, Fortnite serviu de novo como unha plataforma de lanzamento para unha futura estrea cinematográfica. O battle royale, dentro do seu modo Party Royale, proxectou nunha pantalla o novo adianto de Tenet, a película de Christopher Nolan — Inception, The Dark Knight, Memento—, amais dunha serie de declaracións do seu actor protagonista, John David Washington, xunto co xornalista Geoff Keighley.

A ocasión tamén foi aproveitada para sinalar que, nalgún intre deste verán, Epic retransmitirá unha película da filmografía do coñecido director. Non se explicou cal será, aínda que moitos apuntan co deo a unha das do home morcego.

Así foi o evento especial da pasada noite. Atopou unha maneira o cinema de promocionar as súas obras sen pasar de xeito obrigado pola televisión? Iso parece.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.