Actualidade Genshin Impact confirma o seu éxito superando as 17 millóns de descargas en móbiles

Genshin Impact confirma o seu éxito superando as 17 millóns de descargas en móbiles

miHoYo superou todas as expectativas depositadas no seu novo título, Genshin Impact. Máis de 17 millóns de descargas nos dispositivos móbiles avalan o traballo da desenvolvedora e a iso hai que sumar os xogadores activos tanto en PS4 como en PC.

Con máis de 20 millóns de usuarios pre-rexistrados antes do lanzamento o 28 de setembro, o xogo xa recadou máis de 50 millóns de dólares de beneficios na súa primeira semana abero ao público. Uns ingresos que proceden principalmente do mercado de China, Xapón e Estados Unidos, confirmándoo como un auténtico éxito.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.