Actualidade Google non quere máis YouTube Gaming

Google non quere máis YouTube Gaming

Alea jacta est. A sorte está botada para YouTube Gaming, e Google non quere que a aplicación paralela á propia plataforma de vídeos continúe funcionando. Deixará de estar dispoñible en marzo de 2019.

Un está acostumado a escribir boas novas de Google, pero tampouco lle faltan fracasos ao xigante estadounidense. A compañía non conseguiu que YouTube Gaming chegara ser o éxito desexado tras competir con plataformas moito máis instauradas coma son os casos de Twitch ou Mixer. YT Gaming non quería só ser un filtro temático onde ver contido de videoxogos, tamén quería situarse como unha rede social interactiva onde produtores de contido e consumidores puideran convivir. Non puido ser.

Na práctica, esta aplicación non desaparecerá, senón que será transformada nunha sección máis de YouTube. Pode que, en certo sentido, nunca debera ser outra cousa, máis aínda se temos en conta o potencial de público co que conta esta plataforma de maneira nativa.

 

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
    • Pastel de carne
    • En: 20 de Setembro de 2018

    Youtube Gaming nunca tivo un punto de diferenciación abondo pra ser unha plataforma independente. É como o sistema de alquiler de películas da mesma plataforma, está ahi, pode que caias sen querer, pero no fondo é un intento fallido de dar un servizo.

    É raro escoitar historias de fracaso de Google, pero unha vez comezas a indagar, ves que hay moitos fracasos no referente a redes sociais (Google Wave, Buzz, Orkut ou Google+) e que son moi dados a facer borrón e conta nova nalgúns servizos aínda que teñan unha gran base de usuarios (Google Reader, por exemplo).