Actualidade Gothic recibirá un remake para PC e consolas de nova xeración

Gothic recibirá un remake para PC e consolas de nova xeración

Un título da vella garda chegará á nova xeración. É Gothic Remake, unha versión nova de o título de rol que creou Piranha Bytes en 2001, e será publicado tanto en PC como nas consolas PS5 e Xbox Series X. Así o confirmou THQ Nordic, que tamén anunciou que o encargado de realizar este proxecto será un novo estudio cuxa sede estará en Barcelona.

«Estamos listos para o desafío de desenvolver un remake de Gothic que sexa o máis fiel posíbel á experiencia orixinal, cunha aparencia de alta calidade e modernizando coidadosamente certas mecánicas de xogo», comentan desde THQ Nordic. Este anuncio chega despois de que unha proba xogábel fora publicada en Steam o pasado 13 de decembro, co obxectivo de coñecer as sensacións e desexos dos xogadores sobre Gothic Remake.

A paciencia será fundamental até a chegada do título, xa que se confirmou que non se lanzará neste 2020, polo que haberá que agardar para coñecer unha data definitiva.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.