Actualidade Hitman, título destacado en setembro dentro da promoción Gold de Xbox

Hitman, título destacado en setembro dentro da promoción Gold de Xbox

Microsoft revelou a lista de videoxogos que formarán parte da promoción Gold en Xbox Live. O Hitman de IO Interactive preséntase como a obra máis destacada do mes. Unha historia de acción, infiltración e asasinatos, que inclúe todos os capítulos da primeira tempada.

Ademais do título protagonizado polo Axente 47, aparecen outros videoxogos como Tekkken Tat Tournament 2, We Were Here ou Earth Defense Force 2025.

Poréen, o prato forte da compañía estadounidense para Xbox este setembro e o seu Xbox Game Pass céntrase en Gears 5, principal reclamo internacional deste servizo ao estar incluído con todos os seus contidos na modalidade Xbox Game Pass Ultimate.

O xogo de The Coalition preséntase como unha das propostas multixogador máis potentes deste ano, longamente agardada polos seareiros da franquía. Nas últimas horas revelouse que contará cunha longa campaña , de máis de 25 horas de duración.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.