Actualidade Kena: Bridge of Spirits achega mais detalles sobre o seu fantástico mundo

Kena: Bridge of Spirits achega mais detalles sobre o seu fantástico mundo

Kena: Bridge of Spirits foi amosado durante o evento de presentación de PS5 e capturou as miradas de todo o público. Agora, grazas a unha entrevista realizada aos seus desenvolderos, puidemos coñecer máis detalles sobre o fascinante mundo que contén.

O equipo de Ember Lab encomiou a potencia da nova consola de Sony, xa que en apenas dous segundos o xogo xa estará dispoñíbel para ser xogado grazas á rapidez do SSD. Tamén tiveron boas palabras para o DualSense, xa que poderemos axustar a tensión dos gatillos ao usar o arco.

No aspecto técnico, poderemos gozar de máis de 100 Rot en pantalla, os simpáticos seres escuros que nos acompañan. Mesmo poderemos equipalos con sombreiros e facernos instantáneas con eles, coa chegada do modo foto após o lanzamento.

No referente ás diferenzas entre PS5 e PS4, Kena: Bridge of Spirits contará con terreos máis densos e frondosos na vindeira consola da compañía. Iso si, que ninguén agarde un mundo aberto, mais si poderemos explorar diferentes rexións cun esquema máis lineal acompañados dos Rot que nos axudarán a resolver quebracabezas.

Dous dos aspectos máis importantes son a duración e o prezo do título. En apenas unha fin de semana poderemos rematar a obra, mentres que desde Ember Lab anunciaron que o custo do xogo será inferior a 60 dólares. Aínda resta coñecermos a data de lanzamento, que será anunciada nos próximos meses.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.