Actualidade Kingdom Hearts III: ReMIND chegará este invierno

Kingdom Hearts III: ReMIND chegará este invierno

Tetsuya Nomura tamén sacou billete para o E3 e a pasada noite deixouse caer polo escenario do concerto Kingdom Hearts Orchestra: World of Tres para anunciar novos detalles do futuro DLC de Kingdom Hearts III.

O creador presentou un tráiler sen voces do que se poden sacar diversas conclusións, como que Riku, Aqua e Roxas serán xogables nalgún momento do DLC, situado parte deste na Necrópole das Chaves Espada. Doutra banda, tamén podemos ver a Sora cunhas vestiduras brancas inéditas. A nivel narrativo, o adianto dá algunhas pistas grazas a unha conversación entre Xigbar e Luxord, cuestionando o segundo ao primeiro pola súa verdadeira identidade.

A continuación podes ver o adianto dunha expansión que chegará este mesmo inverno.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.