Actualidade Konami suma outro título máis para PC en GOG: Silent Hill 4

Konami suma outro título máis para PC en GOG: Silent Hill 4

Despois de facer chegar tres títulos da franquía Metal Gear a GOG, Konami volve entrear en escena con outro título clásico como é Silent Hill 4: The Room.

Aínda que a cuarta entrega está lonxe da proposta narrativa da triloxía orixinal, a súa publicación na tenda dixital de CD Projekt preséntase como unha ocasión máis que interesante para ser redescuberto, xa que leva máis dunha década sen poder ser mercado de forma directa ou legal.

Silent Hill 4: The Room está dispoñíbel en GOG a través de esta ligazón.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.