Actualidade Light Revenge, xogo creado na EBF Coruña, semifinalista nos premios PlayStation

Light Revenge, xogo creado na EBF Coruña, semifinalista nos premios PlayStation

A primeira xeración de alumnos do Máster de Creación de Videoxogos EBF Coruña tiña por obxectivo a creación dun título orixinal. Lográrono, e as recompensas non tardaron en chegar. Light Revenge, unha obra de terror en primeira persoa, creada entre novembro de 2018 e xullo de 2019, foi seleccionada como un dos 20 novos mellores proxectos de toda España este 2019.

A continuación, podes consultar a listaxe de todos os xogos elixidos.

Xogo Estudio
A Rising Bond inBreak Studios
Altherion Orise Studios
Blackout!! Sun Studios
Blackstorm Lost Criteria Studios
Clid the Snail Weird Beluga Studio
Corbid, A Colorful Adventure CuCurry
Fifo’s Night Flamingo Games
Guayota Team Occlusion
Imvisible Mirror Age
Inner Ashes Calathea Game Studio
Inner Path O Works
Light Revenge Factor Games
Meteor Squad Techtonic Studio
Old Nightmares JPGsoft
Outsight Croxel Studios
The Last Waywalker Gabriel Jiménez Cabrera
The Paperman Proto1Studios
Tiki Adventures Golden Coconut Studios
Twaliens Blue Glitch Studio
Walls of Lies Snowy Jellyfish

Todos eles competirán polo gran premio final: a posibilidade de traballar no seu proxecto durante un ano en calquera das nosas sedes de  Games Camp con asesoramento diario en márketing e produción, unha campaña en medios propios valorada en máis de 200.000 euros, disposición de kits de desenvolvemento de PS4 e unha achega de 10.000 euros en metálico para o estudo. Os xogos estarán presentes na Madrid Games Week, para que o público poida probalos e compartir o seu parecer. En novembro darase a coñecer o proxecto gañador.

Aberto o prazo de matrícula para o novo curso

Após o éxito da primeira promoción de alumnos, a EBF  da Coruña xa está a pechar a nova convocatoria para o ano 2019-2020. Hoxe contan con só sete prazas dispoñíbeis para rematar de compoñelo. Se estás interesado nunha delas, podes solicitar unha entrevista personalizada chamando ao 900 900 846,  ou enviando un correo electrónico a [email protected] e optar a ser un dos alumnos deste máster.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.