Actualidade Little Hope estrea novo tráiler e fixa a súa estrea para verán

Little Hope estrea novo tráiler e fixa a súa estrea para verán

O terror volverá no verán. Bandai Namco publicou esta tarde un breve teaser de Little Hope, a nova entrega dentro de The Dark Pictures, antoloxía na que Supermassive —creadores do afamado Until Dawn— queren recuperar o xénero terror dentro das aventuras narrativas. Man of Medan, primeiro capítulo da saga, resultou nun éxito de crítica e público.

Nesta ocasión, a historia proposta ten como base a aviaxe catro estudantes universitarios e o seu profesor. O grupo deberá sobrevivir —ou non— a unha serie de aparicións que os perseguen nun pobo onde nunca desaparece a néboa. Chegará no verán pa PC, PlayStation 4 e Xbox One.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.