Actualidade Mega Drive Mini, en setembro e con 40 xogos

Mega Drive Mini, en setembro e con 40 xogos

Sega non quixo atrasar máis o anuncio que confirmase, por fin, a data de lanzamento da súa Mega Drive Mini. A popular consola negra da compañía xaponesa revivirá nun formato que gozou dun éxito relativo nos últimos dous anos e que tanto Nintendo como Sony quixeron abrazar.

A “nova” máquina de Sega terá un lanzamento simultáneo en todo o globo. O seu prezo será de 79,99 euros con dous controladores. Cando? O 19 de setembro se se cumpre o plan previsto. Incluirá un cable HDMI e conectarase por fonte de alimentación á corrente da casa. Fácil e sinxelo. Usará tecnoloxía de AtGames e o deseño dos mandos será idéntico en tamaño e forma ao dos orixinais.

Imaxe oficial do anuncio de Mega Drive Mini.

A miniconsola incluirá 40 xogos e a selección para cada mercado será diferente. Estes son os xogos confirmados, de momento, para Europa:

  • Sonic the Hedgehog
  • Ecco the Dolphin
  • Castlevania: Bloodlines
  • Space Harrier 2
  • Shining Force
  • Dr. Robotnik’s Mean Bean Machine
  • ToeJam & Earl
  • Comix Zone
  • Altered Beast
  • Gunstar Heroes
Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.

Comentarios non permitidos
    • Pastel de carne
    • En: 31 de Marzo de 2019

    É curioso (e un claro reflexo da realidade nas consolas grandes) o caso das consolas mini.
    Nintendo ten unha idea orixinal, e a leva a cabo con éxito (véxase a Wii), as grandes tratan de emular a proxecto, sen demasiado éxito (véxase kinect) e despois, cando xa é demasiado tarde para ser orixinal ou novidoso, aparecen vellos coñecidos pra intentar sacar un pellizco daquela idea que, un par de anos antes, tivera sentido, e agora soamente poden recoller os euros dos auténticos fanboys.