Actualidade Microsoft amosa as funcións das Xbox Series e anuncia os novos xogos do Game Pass

Microsoft amosa as funcións das Xbox Series e anuncia os novos xogos do Game Pass

Dúas semanas sepárannos da posibilidade de termos unha consola de nova xeración nas nosas casas, por iso que tanto Malik Prince como Harrison Hoffman repasaron as características máis importantes de Xbox Series.

A sala de máquinas escollida foi Xbox Series X, a versión máis potente, coa que mostraron o inicio da consola e a interface. Grazas a uns temas dinámicos veloces, no vídeo comprobamos a rapidez coa que se comeza a xogar a Gears 5. A función de Quick Resume tamén permite saltar entre a obra de The Coalition e DiRT 5, retomando unha carreira en poucos segundos.

O mando da consola contará cun deseño renovado co que poder compartir as nosas imaxes e vídeos entre a comunidade; tamén poderemos facer uso da app de Xbox neste sentido. Os dous membros do equipo de Xbox repasan as funcións de HDR automático nos xogos retrocompatíbeis, a tenda virtual ou a posibilidade de expandir a memoria SSD.

Novos títulos en Xbox Game Pass

Fornada nova de xogos para o servizo de subscrición de Microsoft, que engrosarán o catálogo con múltiples obras durante os vindeiros días. Esta é a lista completa:

  • Carto (Consola & PC) Id@xbox – 27 de outubro
  • Day of the Tentacle Remastered (Consola & PC) – 29 de outubro
  • Five Nights at Freddy’s (Android, Consola & PC) Id@xbox – 29 de outubro
  • Full Throttle Remastered (Consola & PC) – 29 de outubro
  • Grim Fandango Remastered (Consola & PC) – 29 de outubro
  • PlayerUnknown’s Battlegrounds (Android) Id@xbox – 29 de outubro
  • ScourgeBringer (Android) Id@xbox – 29 de outubro
  • Unruly Heroes (Android, Console & PC) Id@xbox – 29 de outubro
  • Celeste (Android, Consola & PC) Id@xbox – 5 de novembro
  • Comanche ( PC) – 5 de novembro
  • Deep Rock Galactic (Android, Consola & PC) Id@xbox – 5 de novembro
  • Eastshade (Android, Consola & PC) Id@xbox – 5 de novembro
  • Knights and Bikes (Consola & PC) Id@xbox – 5 de novembro
  • Ark: Survival Evolved: Explorer’s Edition (Android, Consola & PC) Id@xbox – 17 de novembro

Ademais, outros xogos tamén desaparecerán do servizo o 30 de outubro, sendo os seguintes:

  • After Party (Consola)
  • LEGO Star Wars III (Consola)
  • Rise & Shine (Consola)
  • Tacoma ( Console & PC)
  • The Lord of the Rings: Adventure Card Game (Consola & PC)
  • The Red Strings Club ( PC).
Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.