Actualidade Monster Hunter Rise amosa gameplay, detalles das súas criaturas e data para a demo

Monster Hunter Rise amosa gameplay, detalles das súas criaturas e data para a demo

Capcom cumpriu. Xa temos sobre a mesa novos detalles e imaxes de Monster Hunter Rise, o novo título da franquía, exclusivo de Nintendo Switch. A través dun evento dixital de 20 minutos, puideron ser vistos numerosos detalles da obra da compañía xaponesa, ensinando personaxes, localizacións e compañeiros.

Confirmouse a presenza de inimigos como Magnamalo, Goss Harag, Lagombi, Mizutsune, Khezu ou Gran Baggi, amais da mecánica de cabalgar Wyverns. Doutra banda, unha dos detalles máis importantes foi o anuncio dunha demo na que probar catro misións coas catorce armas do xogo. As de nivel principiante e intermedio poderán ser xogadas en solitario e en cooperativo local ou en liña. Tamén haberá dispoñibles dúas misións de adestramento, unha para usar o gancho e outra para probar a cabalgar Wyverns.

Cando chegará esta demo? Pois, xa. No tráiler aparece o 7 de xaneiro, mais na web de Capcom está marcado o 8 de xaneiro. Moi pronto. Esta demo estará dispoñible até o 1 de febreiro. O título completo verá a luz nun par de meses, o 26 de marzo.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.