Actualidade Monster Hunter Rise descarta a chegada dunha expansión no futuro

Monster Hunter Rise descarta a chegada dunha expansión no futuro

Gran cantidade de información foi revelada por Capcom sobre un dos seus vindeiros títulos, Monster Hunter Rise. O 26 de marzo do 2021 Nintendo Switch recibirá un xogo que comezou o seu desenvolvemento após a conclusión do traballo en Monster Hunter: Generations, tal e como indicou o seu director Yasunori Ichinose.

O equipo de desenvolvedores semella que quere centrarse principalmente en rematar a historia principal da obra, polo que, en principio, descártase a chegada de expansións ou unha versión definitiva no futuro. Ichinose declarou que non tivo dúbidas á hora de apostar pola temática inspirada nos yokai para os monstros. Tamén tomou outras figuras do folclore xaponés para crear as criaturas, como o kappa, o kasa-obake ou o kamaitachi.

Mesmo foi comentada a posibilidade de establecer unha colaboración entre a nova película de Monster Hunter e o propio título. O produtor Ryozo Tsujimoto explicou que lle «gustaría facer algo respecto diso se fose posíbel», polo que non é descartábel o escenario de ver a Milla Jovovich en Monster Hunter Rise. Iremos vendo.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.