eSports Nada faltou na estrea dunha Giants Fighters League chea de emocións

Nada faltou na estrea dunha Giants Fighters League chea de emocións

Entre as primeiras citas dos xogos de loita desta tempada aparece a Giants Fighters League. Un auténtico espectáculo grazas aos guerreiros do espazo da nosa península. O evento por invitación conta con algunhas das estrelas máis coñecidas dentro do panorama nacional de Dragon Ball FighterZ, onde destaca a presencia de Shanks (Joan Manay), campión da Masters League europea.

A cita, organizada por BCN Fighters, é unha mostra das posibilidades dos xogos de loita como espectáculo e, sen dúbida, a demostración de que este formato de liga é un dos mais entretidos dos feitos ata esta data. A liga pode verse como unha antesala ao EVO, ao ser o gañador desta competición nacional o elixido para acompañar ao xa mencionado Shanks. Xuntos configurarán a representación nacional do FighterZ no centro do mundo dos xogos de loita.

A liga consiste, como ben explica un dos principais organizadores e comentaristas, Sh4rin (Javier Sanabria), nun formato suízo de dous grupos compostos por oito persoas. Despois dos primeiros combates elimínanse aos últimos conxuntos, e os penúltimos teñen que enfrontarse aos sedentos pretendentes a gañar un posto na liga.

Cabe destacar o enorme labor como comentaristas feito por Sh4rin e Galletas (Luca Calderano), que aportan emoción e análise ás partidas sen perder o humor ou a irreverencia. A proximidade entre o grupo organizador e o resto de xogadores é notoria e aporta unha sensación ade familiaridade que nos mete na acción directa e permítenos ver aos participantes como algo máis que os pilotos dos heroes e viláns que vemos na pantalla.

Dragon Ball FighterZ continúa a ser un dos xogos de loita do momento.

Durante a primeira xornada tivemos unhas animadas partidas con Cristian RG vs Inex (Grupo B), seguidas do prato principal que foi o Shanks vs Cold (Grupo A). No primeiro duelo tivemos unha exhibición moi propia dos círculos da comunidade española cunha C-18 manexada por Cristian RG, personaxe característico de Shanks; contra o Piccoro de Inex, personaxe bastante técnico e empregado con regularidade nas últimas finais mundiais. Nesta partida de estrea respirouse a intensidade dos combates, con remontadas épicas como as lograba por Inex ante Cristian RG, pero que brillou ao ter unha maior consistencia, o que lle deu finalmente un 5-3 ao seu favor.

Una vez rematado co caldo, chegou o filete da noite coa partida de Shanks vs Cold. Con un Cold disposto a todo e pretendendo esmagar ao Vixilante, acabou por arrancarlle as dúas primeiras rondas demostrando un gran coñecemento de C-18 e unha habilidade colosal co seu Goku (base). Lamentablemente a partida non acabou en magnicidio, pois Shanks logrou poñer a balanza ao seu favor e derrotou ao seu adversario nas cinco rondas seguintes.

Foi unha demostración de altísimo nivel e que pode ser mirada como un exemplo para os xogadores galegos para non se contentar con ser soamente espectadores dos principais eventos do FighterZ.

O vindeiro martes 19, ás 18 horas, terá lugar a segunda xornada con Saku vs Galletas (Grupo B) e Thunder vs Exilions (Grupo A). Poderedes seguila a través da canle de Twitch de BCN Fighters  ou a través das retransmisións en Youtube.

Aquí tendes a primeira partida da pasada xornada:

Artigo escrito por: Carlos L. Yunta

Redaccion

Revista Morcego, o perfil para subir a información xeral, do día a día.