Actualidade Nvidia presenta as súas novas tarxetas gráficas RTX 30

Nvidia presenta as súas novas tarxetas gráficas RTX 30

A nova xeración non é só cousa de consolas. Nvidia presentou este martes as súas últimas tarxetas gráficas a través da retransmisión dun evento en liña no que puidemos coñecer as bondades dos seus novos produtos, un hardware que abre a porta aos 8K a 60 imaxes por segundo. Dirixido por Jensen Huang, CEO da compañía, os tres modelos das RTX 30 Series foron os protagonistas.

Segundo o explicado pola marca, as GeForce RTX 3090, 3080 e 3070 ofrecen até 2 veces mellor rendemento e 1.9 veces mellor eficiencia enerxética que a xeración anterior, baseada en Turing. Os seus GPUs aproveitan a segunda xeración de NVIDIA RTX para ofrecer partidas cun nivel de trazado de raios en tempo real e de IA nunca visto. O certo é que as imaxes ensinadas en vídeo quitan o impo.

GeForce RTX 3090 GeForce RTX 3080 GeForce RTX 3070
CUDA Cores 10.496 8.704 5.888
VRAM 24 GB GDDR6X 10 GB GDDR6X 8 GB GDDR6
Prezo 1.549 euros 719 euros 519  euros
Lanzamento 24 de setembro 17 de setembro outubro

Na práctica, os tres modelos presentados satisfarán a tres públicos diferentes e tres carteiras tamén distintas. O modelo máis económico é a RTX 3070, seguido da RTX 3080 e, a máis cara, a RTX 3090.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.