Actualidade O inferno ten sangue e espidos segundo Succubus, o spin-off de Agony

O inferno ten sangue e espidos segundo Succubus, o spin-off de Agony

Non é ningún secreto que Agony non acadou o éxito que se agardaba. As altas expectativas dos seus adiantos, que contaban con millóns de visualizacións e que propiciaron, tamén, un Kickstarter quechegou a contar con 3.926 patrocinadores (182.642 dólares), víronse insatisfeitas no seu lanzamento: o apartado gráfico afectaba un forte downgrade e, aínda que a ambientación era boa e diabólica, faltáballe xogabilidade, faltáballe un chisco de todo. Porén, Madmind Studio sabe que o seu inferno ten potencial, polo que Succubus preséntase como un spin-off protagonizado por un súcubo deste lugar.

O xogo presentou esta semana algunhas novas imaxes que amosan  a beleza macabra do inferno, entre sangue, demos e corpos espidos. Os seus creadores prometen un xogo de acción «intensa e brutal», no que poderemos facer uso de armas e poderes para abrirnos paso por este mundo infernal. A aposta pola cámara en primeira persoa manterase.

Succubus contará con xefes finais, unha profunda personalización do personaxe que controlemos, un argumento con diferentes bifurcacións e pasaxes, así como outros elementos propios do xénero RPG.

Malia que foi anunciado en decembro, aínda segue sen haber unha data de saída aproximada. Si se sabe que só chegará a Steam, ao contrario que Agony, que tamén viu a luz en consolas.

O xogo posuirá un aspecto tebroso e sanguento.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.