Actualidade O terror táctico de Othercide chegará a PS4, Xbox One e PC en xullo

O terror táctico de Othercide chegará a PS4, Xbox One e PC en xullo

Unha das combinacións máis atractivas de 2020 xa ten data de lanzamento. Othercide, o título que mestura as mecánicas de estratexia de XCOM coa ambientación do xogo máis terrorífico, chegará finalmente o 28 de xullo. Atoparémonos cun RPG táctico que nos poñerá aos mandos de Las Hijas, un escuadrón de loitadoras que combates os peores temores nados da humanidade.

A proposta narrativa e o sistema de combate por quendas serán os dous alicerces fundamentais sobre os que se sosterá o xogo. Mesmo haberá que ter en conta os trazos particulares de cada personaxe, xa que se poden ver afectados por traumas que terán consecuencias durante as partidas. Las Hijas que non resistan os ataques inimigos poderán ser sacrificadas para salvar ás súas compañeiras e poder seguir mantendo a batalla.

Othercide chegará a PS4, Xbox One e PC en xullo. A versión de Nintendo Switch chegará máis adiante, xa que aínda non conta cunha data para a súa saída.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.