Actualidade O xogo valenciano Effie chegará a Steam a finais de xaneiro

O xogo valenciano Effie chegará a Steam a finais de xaneiro

Inverge Studios vén de anunciar que Effie chegará en formato dixital o próximo 28 de xaneiro, por un prezo de 19,99 euros, a Steam. O título viu a luz en xuño deeste ano para PlatStation 4, baixo a iniciativa PlatStation Talents.

A versión de PC está a ser rematada pola aceleradora de startups Lanzadera, pertencente ao hub Marina de Empresas. A obra valenciana sitúase como unha aventura de plataformas 3D que narra as aventuras de Galand, un home equipado cun poderoso escudo máxico pero maldicido coa vellez.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.