eSports Os Esports Awards 2018 xa teñen donos

Os Esports Awards 2018 xa teñen donos

O pasado luns 12 de novembro celebrouse en Londres a cerimonia de entrega dos Esports Awards 2018, os premios máis prestixiosos a nivel mundial que recoñecen e destacan aos grandes triunfadores da industria dos deportes electrónicos ao longo dos últimos meses.

Dende o mellor equipo ao mellor streamer, pasando polo xornalista do ano ou a páxina máis destacada na cobertura de competicións en liña. A lista de premios esténdese ata as dezasete categorías.

Este ano, a irrupción e auxe de Fortnite fíxose notar, permitindo a Ninja converterse nun dos nomes destacados da noite, ao levar para casa até dous premios: personalidade máis relevante dos deportes electrónicos e mellor streamer deste ano 2018.

  • Heroe anónimo do ano: Milos ‘Faceit Mikey’ Nedeljkovic
  • Videógrafo do ano de deportes electrónicos: Davis ‘Hitch’ Edwards
  • Plataforma de streaming  do ano: Twitch
  • Xogo revelación do ano: Fortnite
  • Xogador Rookie en consola do ano: Kenny Williams
  • Xogador Rookie en PC do ano: Gabriel ‘Bwipo’ Rau
  • Fotógrafo do ano: Helena Kristiansson
  • Mellor web de cobertura de deportes electrónicos: ESPN
  • mellor equipo de deportes electrónicos do ano: Astralis CS:GO
  • Axencia de apoio de deportes electrónicos do ano: Evolved Talent Agency
  • Socio comercial do ano de deportes electrónicos: Intel
  • Xornalista do ano: Jacob Wolf
  • Proveedor de hardware do ano para deportes electrónicos: Nvidia
  • Mellor xogada do ano: Attach
  • Evento de deportes electrónicos en directo: Gran Final Overwatch League 2018
  • Comentarista de deportes electrónicos do ano: Maven
  • Empresa do ano de deportes electrónicos: Blizzard
  • Xogo do ano: Overwatch
  • Personalidad máis relevante dentro dos deportes electrónicos: Ninja
  • Streamer do ano: Ninja
  • Xogador de PC do ano: Oleksandr ‘s1mple’ Kostyliev
  • Xogador de consola do ano: Mossad ‘MSdossary’ Aldossary
  • Organización do ano: Cloud9

A cerimonia non estivo exenta de momentos peculiares e absurdos, como o protagonizado polo youtuber Deji Olatunji, outorgando nun primeiro momento o premio de mellor empresa do ano a Epic Games para logo indicar que era unha broma, cos responsables xa de pé, que a compañía gañadora era Blizzard en realidade.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.