Os Final Fantasy Pixel Remaster aterrarán en PS4 e Switch a vindeira primavera

Os Final Fantasy Pixel Remaster aterrarán en PS4 e Switch a vindeira primavera

Square Enix acaba de anunciar a saída oficial da serie de Final Fantasy Píxel Remaster, que reúne as seis primeiras entregas da saga. Cando? Será nalgún intre da primavera que está por chegar no 2023, para PlayStation 4 e Nintendo Switch.

Esta colección remasterizada dos títulos máis antigos da franquía xa foi lanzando por fascículos en Steam e dispositivos móbiles entre o verán do ano pasado e principios do 2022; agora chegará a consolas coa posibilidade de ser comprados individualmente ou no pack completo.

Cómpre sinalar que a colección cos seis xogos tamén se poderá adquirir nunha edición física moi limitada que só se pode comprar a través da tenda da editora, que xa admite reservar o produto.

Aínda que ao principio só estaba programado para saír en computadores, iOS e Android, desde a mesma Square Enix dicíase que chegaría a consolas se houbese «suficiente demanda». Semella que así foi.

A edición física estándar que inclúe os seis mollos ten un prezo de 75 euros, sexa para PS4 ou para Switch, namentres a versión para coleccionistas vaise até os 275 euros e inclúe un libro de arte de 128 páxinas, figuritas pixeladas, dous discos de vinilo e unha cuberta especial. E si, xa están ambas as dúas edicións esgotadas.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.