Actualidade Overwatch está dispoñíbel en Switch de balde durante unha semana

Overwatch está dispoñíbel en Switch de balde durante unha semana

Se tes contratado o servizo Nintendo Switch Online poderás xogar os vindeiros días a Overwatch sen pagar un peso. O xogo de Blizzard está xa habilitado para a súa descarga gratuíta durante unha semana —o xogo non quedará na túa biblioteca logo deste período—.

Do 13 ao 20 de outubro só será necesario acceder á eShop e darlle ao botón de descarga. Non é unha versión de proba, trátase do xogo completo, só que conta coa limitación do tempo xa comentado. Gústache? Queres que quede como outro título permanente da biblioteca? Tocará pasar por caixa e desembolsar 39,99 euros.

Overwatch: Legendary Edition chegou mercado hai un ano para a consola híbrida de Nintendo. Trátase dunha vaersión que inclúe trinta e un heroes e que engade tres meses de subscrición ao servizo Nintendo Switch Online.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.