Papers, Please sairá para móbiles o 5 de agosto

Papers, Please sairá para móbiles o 5 de agosto

Lucas Pope anunciou hai uns días que Papers, Please tamén chegará para dispositivos móbiles. A data escollida é a do 5 de agosto. Unha boa nova, desde logo, ao ser este título unha obra máis que interesante. Chegará para iOS e Android ao mesmo tempo.

Segundo as palabras de Pope, esta adaptación será «Papers, Please, pero pequeno», e é imposíbel negar que o formato e o sistema de xogo non encaixa á perfección dentro dun teléfono.

A cousa é que este 8 de agosto fará 9 anos do seu lanzamento, mais é certo que o xogo segue vivo e na memoria de moitos por mor da súa mensaxe e excelente xogabilidade. Como curiosidade, dicir que chegou a PS Vita no 2017.

E para consolas? Di Pope que até 2031 —unha clara brincadeira—, polo que non hai plans reais de facer estas versións.

Carlos Pereiro

Creador de Morcego. Escribo cousas, falo de cousas e encántame escoitar cousas.