Actualidade Platinum Games non descarta o regreso de Scalebound

Platinum Games non descarta o regreso de Scalebound

Soñar é gratis. Após a cancelación dun dos títulos máis prometedores para Xbox One como era Scalebound, a compañía encargada de levar a cabo o proxecto, Platinum Games, non descarta o seu regreso no futuro. Por mor da chegada do Kickstarter de The Wonderful 101, a comunidade cuestionou á compañía sobre se esta posibilidade é real. Atsushi Inaba, responsábel da desenvolvedora nipoa sinalou que «non podemos facer nada a menos que Microsoft nos deixe. É un xogo do que estamos namorados e é algo ao que nos encantaría regresar».

Anunciado orixinalmente na conferencia de Microsoft do E3 2014, Scalebound tiña prevista a súa data de lanzamento para o 2016, pero finalmente o título foi cancelado en xaneiro de 2017. O xogo pretendía trasladarnos a unha enorme aventura de rol e acción na que poderiamos percorrer todo un planeta xunto a xigantescos monstros e dragóns.

Juan Sanmartín

Colaborador de Morcego. Videoxogos, deporte, cómics ou cine son as miñas paixóns.